Friday 19 de April de 2024

O Concello de Cerdido celebra este sábado a súa Festa do Maior con teatro, música e desgustación de chocolate con churros


• O festexo terá lugar na área recreativa O Castro a partir das 17.00 horas.

O Concello de Cerdido promove o envellecemento activo da súa veciñanza da terceira idade cunha nova edición da Festa do Maior.
A área recreativa O Castro será o escenario escollido para a celebración deste festexo, que dará comezo ás 17.00 horas coa representación da obra ‘Nin o demo entende ás mulleres’, da agrupación teatral Pedroso.
A programación da xornada inclúe tamén animación musical a cargo do Dúo Caramelo e degustación de chocolate con churros para todas as persoas asistentes a cargo da Asociación de Mulleres Rurais Albar Quercus.
Desde o goberno local animan a asistir “a un evento co que dinamizar a actividade da nosa veciñanza maior ao tempo que se propón un espazo para promover a cultura dun xeito lúdico”.